InicioCentralBurelaO Concello de Burela felicita a Pescados Rubén Burela por gañar a...

O Concello de Burela felicita a Pescados Rubén Burela por gañar a súa V Supercopa

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela felicitou ao equipo local Pescados Rubén Burela FS pola súa vitoria na Supercopa Feminina de Fútbol Sala de España.


Esta nova Supercopa é a quinta en ser obtida de xeito consecutivo polo equipo de fútbol sala. A final da competición celebrouse no Palacio San Miguel de Torremolinos, Málaga, e enfrontou ao equipo burelao co Poio Pescamar FS.


“As nosas guerreiras continúan facendo historia e mantendo o nome de Burela no máis alto”, sinalou sobre o equipo a alcaldesa de Burela, Carmela López. “Grazas por loitar con tanto traballo esta sexta copa que vén de novo para Burela”, engadiu.


A alcaldesa agradeceu así mesmo á afección do equipo “que cruzase a península para desprazarse ata Torremolinos e darlle forza ás xogadoras dende a grada”. “Grazas por seguir escribindo a historia do fútbol sala feminino de cor laranxa” concluíu Carmela López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...