InicioOrientalRibadeoXornada sobre emprendemento para xente nova en Ribadeo

Xornada sobre emprendemento para xente nova en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acolleu durante a mañá deste xoves no Cine Teatro unha xornada de emprendemento xove, organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo en colaboración co Concello de Ribadeo e Cesuga.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello de Ribadeo seguimos poñendo en valor o emprendemento mozo. É clave e fundamental que as administracións traballen conxuntamente tamén para ver a saída laboral que ten moita mocidade no noso concello. Emprender tamén é unha saída laboral moi importante”.

Para o rexedor “son importantes estes espazos nos que explican perfectamente cales son as posibilidades, as saídas laborais, o de emprender un proxecto empresarial aquí en Ribadeo, na Mariña, qué significa ter unha tenda, qué significa ter un proxecto clave que dinamice a economía de Ribadeo…”.

Vega tivo palabras de agradecemento para a Xunta: “agradecémoslle á Xunta de Galicia que se achegue aos municipios, neste caso a Ribadeo, que o escolla como cabeceira punteira económica tamén e explicar qué saída laboral ten a mocidade, pode ser a través da Formación Profesional, dos estudios superiores universitarios, en definitiva trazar unha liña clave para ver as distintas saídas laborais que teñen os nosos mozos”.

O alcalde subliñou que “este non será o único acto de emprendemento mozo, que haberá en Ribadeo, senón que vai ser o primeiro de moitos. Grazas e seguiremos colaborando entre todos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...