InicioOrientalRibadeoA semifinal da Copa Galicia de FSF celebrarase en Ribadeo

A semifinal da Copa Galicia de FSF celebrarase en Ribadeo

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a presenciar este encontro "de fútbol sala feminino de primeiro nivel, que se vai disputar por primeira vez en Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá a semifinal da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino, que disputarán o Pescados Rubén FS e o Poio Pescamar FS. Será o vindeiro mércores, 14 de febreiro, ás 20.30 horas no pavillón municipal.

O Pescados Rubén Burela foi elixido en xaneiro de 2021 e 2022 como o mellor club do mundo nos Futsal Planet Awards. As burelesas veñen de proclamarse campioas da supercopa de España en Torremolinos contra o Poio Pescamar FS.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima a presenciar este encontro “de fútbol sala feminino de primeiro nivel, que se vai disputar por primeira vez en Ribadeo. Estamos encantados de acoller este partido e agardamos poder repetir esta experiencia noutras ocasións”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...