InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia obras de mellora para a seguridade na estrada das Pallaregas...

Viveiro anuncia obras de mellora para a seguridade na estrada das Pallaregas a Vieiro

“É un risco para a seguridade viaria na zona, polo que procedemos a arranxar o problema”, engade Ramón Martínez.

Publicada o

- Advertisement -

A tenenta de alcaldía do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa aos veciños e veciñas da próxima realización dunhas obras para mellorar a seguridade viaria na estrada que vai dende as Pallaregas a Vieiro, na parroquia de Covas.


“Con este tipo de actuacións, damos resposta ás demandas da veciñanza e melloramos as infraestruturas públicas no rural, unha prioridade para nós”, afirma Míriam Bermúdez, que visitou hoxe a zona na que se realizarán as obras co concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.


En concreto, os arranxos consistirán na mellora das recollidas de pluviais en tres puntos da estrada, xa que non contan con enreixado e queda un oco considerable contra a arribada. Esta situación xa ten orixinado accidentes, ao quedar os vehículos atrancados.


“É un risco para a seguridade viaria na zona, polo que procedemos a arranxar o problema”, engade Ramón Martínez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...