A Garda Civil, no marco da operación Alavanca, detivo ao tres integrantes dunha banda organizada como supostos autores de roubos con forza nas cousas na Mariña lucense.
A investigación comezou no primeiro semestre do pasado ano tras ter coñecemento de varios roubos cometidos en vivendas habitadas nas localidades de Xove e Barreiros, continuando en empresas situadas ao longo da provincia de Lugo (A Pontenova, Mondoñedo, A Pastoriza, Carballedo e Baralla).
Nunha primeira fase da operación e unha vez reunidos suficientes indicios contra os presuntos autores destes roubos, procedeuse á detención de dous veciños de Lugo, de 31 e 38 anos.
No desenvolvemento da investigación detívose ao último integrante do grupo criminal, veciño de Lugo, de 47 anos. Todos eles pasaron xa a disposición xudicial.
Ademais, realizáronse varios rexistros onde se interveu un arma de fogo e gran cantidade de material, recuperando a maior parte dos obxectos roubados, agora a disposición dos seus lexítimos propietarios. O valor aproximado do recuperado ascende a 13.000 euros.
- Advertisement -