InicioCentralFozA comisión organizadora do Entroido de Foz pide ao PP que non...

A comisión organizadora do Entroido de Foz pide ao PP que non politice a festa

“É vergoñento querer sacar tallada dunha festa que é dun pobo, non diferenciar o que debe ser político do que non, só por ter un minuto de gloria. Se quere deixámoslle un micrófono no seguinte evento”, manifesta a concelleira de Cultura de Foz, Inés López Couto, en resposta ás críticas dos populares.

Publicada o

- Advertisement -

A comisión organizadora do Entroido de Foz pide ao PP local que non politice esta festa.

“É vergoñento querer sacar tallada dunha festa que é dun pobo, non diferenciar o que debe ser político do que non, só por ter un minuto de gloria. Se quere deixámoslle un micrófono no seguinte evento”, manifesta a concelleira de Cultura de Foz, Inés López Couto, en resposta ás críticas dos populares.

A comisión organizadora lamenta a situación que se produciu o sábado pasado, no momento da finalización da entrega de premios, “no que houbo un momento de estrés nos accesos. Rapidamente persoal da organización, entre eles o concelleiro de Festas e o alcalde axudaron nas decisións necesarias para despexar o acceso. Lamentamos este incidente. Pedimos perdón a quen se sentira pouco seguro. O Entroido de Foz ten un traballo moi fondo detrás. Conta con plan de autoprotección, organízanse xuntas de seguridade con todos os corpos, Garda Civil, bombeiros, Protección civil, Policía Local, redactores do plan de seguridade e a mesma comisión formada polo Concello e o Noso Foz, ademais de contar con seguridade privada e cunha ambulancia con dous técnicos na porta para calquera problema. Hai moita xente implicada para que todo saia o mellor posible, e cada ano se melloran cousas. Obviamente estudiarase o ocorrido e tomaranse as medidas oportunas para que non volva pasar”, explica a concelleira de Cultura.

Inés López engade: “non vamos a entrar a falar sobre speakers porque o Partido Popular continúa faltando ao respecto e non é novo. Os técnicos de Cultura fan o seu traballo, que nunca é coller un micrófono. Quizais aprenderon no mitin de Rueda en Viveiro (realizado o sábado 10, o mesmo do día grande do Entroido de Foz) moito sobre medidas de seguridade, pero no noso caso confiamos en profesionais e agora tomaranse as medidas oportunas para que non volva a suceder. Deséxamos que non alimenten bulos. Que sexan responsables co seu pobo e co traballo que se realiza para que cada día funcione mellor. E non intentar prexudicalo utilizando calquera cousa para iso. Cremos que Foz e o seu Entroido merece un respecto. Seguiremos traballando para que Foz continúe sendo un referente no Entroido, o que se demostra cando nin chovendo e facendo frío para. Cun desfile con record de participantes e cunha asistencia de público fiel que se quedou ata o remate. A todos grazas!”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...