InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo sorteou os premios da Campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou os premios da Campaña de San Valentín

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín".

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña de San Valentín. Trátase de dúas viaxes para dúas persoas a escoller entre 5.100 destinos.

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe vimos de realizar o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña Namórate con Acisa, con motivo da celebración do día de San Valentín. Os números agraciados son o 4.548, entregado en For Friends; e o 1.665 entregado en Miss-tic”.

Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 14 de febreiro, e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

E conclúe: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 23 de febreiro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo”.

A directiva de Acisa agradece “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar os seus regalos de San Valentín no comercio asociado, e animamos a que no dia de hoxe e nesta semana, poidan celebraralo tamén na hostalería asociada, compartindo e saboreando unha comida ou cea romántica, coas mellores propostas gastronómicas que atoparán en Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...