InicioOccidentalCervo'A Sacabeira' celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra o Día de Rosalía. A partir do mediodía haberá unha degustación do caldo de gloria e, ás 17h,  as coordinadoras Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias, un ensaio onde se reflexiona sobre a maternidade bisexual e non monógama, as amizades, o meta-amor, a convivencia interxeracional, as construcións sociais, a relación entre a monogamia e o capitalismo, ou o poliamor transfeminista. Para finalizar o acto, convidarase a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da AELG.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...

Rescatan unha muller que caeu por un cantil en Foz

Efectivos dos Bombeiros de Barreiros rescataron na tarde deste xoves unha muller que caeu...