Segundo recolle Galicia Confidencial, a multinacional do aluminio Alcoa propuxo na mañá deste xoves, tras retomar as conversas cos sindicatos, despedir a dous terzos dos cadros de persoal da Coruña e Avilés o 15 de xaneiro.
A proposta da empresa contempla manter as fundicións das dúas fábricas -das que dependen 686 empregos directos, 369 na Coruña e 317 en Avilés, e uns 2.000 indirectos- e a torre de pasta coruñesa con aproximadamente 200 traballadores.
Como condición para manter a actividade, Alcoa esixe aos comités de empresa “un cese ordenado das cubas” para poder rearrincalas no caso de haber un comprador antes do 30 de xuño.
O procedemento comezaría un mes despois da conclusión do período de consultas do ERE extintivo, que expira ese mesmo día 15.
PLAN SOCIAL
Como plan social, Alcoa ofrece prexubilacións, recolocacións externas e a mellora das indemnizacións, mientras que aplicaría aos temporeiros a mesma compensación acordada.
OS SINDICATOS: “É INTOLERABLE”
Os sindicatos, que continuarán as negociacións coa empresa ao longo da tarde, valoraron a proposición da multinacional norteamericana como “intolerable” e pediron aos operarios que non fagan caso doutra canle de comunicación “que non sexan os comités de empresa”.