InicioMovementos SociaisConvocan unha concentración por unha "atención primaria digna" en Viveiro

Convocan unha concentración por unha “atención primaria digna” en Viveiro

Os veciños denuncian agardas de ata dez días para unha cita cos médicos do centro de saúde

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo viveirense Por unha atención primaria digna convocou unha concentración diante do centro de saúde para o martes 22 de xaneiro ás 12.00 horas.

A plataforma veciñal convida á sumarse á mobilización na que denunciarán o que describen como unha “situación insostible”. O voceiro do colectivo, Aurelio Goás, explicou que as agardas por unha cita co facultativo chegan aos oito e mesmo dez días.

FACULTATIVOS “DESBORDADOS”

Goas comentou que os facultativos do centro se atopan “desbordados” ao non cubrir o Servizo Galego de Saúde (Sergas) as baixas ou vacacións do persoal. “Estes días falta un dos profesionais pero a situación é crónica”, comentou lembrando que durante o Nadal non se supliu a “falta de tres médicos e un pediatra”.

A situación fora denunciada daquela polo BNG de Viveiro e mais polo Concello que criticaran o “abandono” e a “degradación” do servizo.

O voceiro do colectivo convida á veciñanza a participar na concentración. “Confiamos en que a resposta social surta efecto”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...