O Cine Teatro acolleu na mañá do venres a presentación dun vídeoclip realizado polo Centro de Día A Concordia, de Ribadeo, e que foi grabado en linguaxe de signos.
Trátase da canción ‘La puerta violeta’, de Rozalén. A iniciativa realizouse para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.
Na grabación do vídeo participaron os colexios Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, o CIFP Porta da Auga, o IES Dionisio Gamallo Fierros, a praza de abastos, o centro de saúde, o CIM e o Concello ribadense.
Xunto aos protagonistas desta peza audiovisual estiveron esta mañá o alcalde, Fernando Suárez Barcia, e a concelleira de servizos sociosanitarios, Sonia Meilán.