IniciosociedadeAlerta laranxa na Mariña desde a noite do martes por temporal costeiro

Alerta laranxa na Mariña desde a noite do martes por temporal costeiro

Agárdanse ondas de entre seis e sete metros e o aviso ficará activo durante todo o día 23

Publicada o

- Advertisement -

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activará na noite do martes a alerta laranxa por un fenómeno meteorolóxico adverso de tipo costeiro.

A Axencia Meteorolóxica de Galicia (Aemet) informou dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar do noroeste, con ondas de seis a sete metros.

Na Mariña Lucense, o aviso laranxa ficará activo desde as 21.00 horas deste martes e pecharase nas últimas horas do mércores.

RISCO IMPORTANTE

A advertencia laranxa significa que existe un risco meteorolóxico importante, con fenómenos non habituais e certo grao de perigo para as actividades usuais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...