O Partido Popular de Ribadeo cuestiona o prazo de pago a empresas e asociacións por parte do Concello.
O candidato á alcaldía, Daniel Vega, asegurou que “moitas empresas e colectivos levan sen cobrar desde 2016” e acusou ao goberno municipal de “enganar aos veciños” ao soster que “as facturas se pagan a nove días”. Vega expuxo que as asociacións lles “transladan queixas” sobre atrasos nos pagamentos de subvencións.
MEDIOS DE COMUNICACIÓN
O alcaldable popular tamén criticou o “anuncio de posibles investimentos nos medios de comunicación a catro meses das eleccións”.
“Doce anos de goberno e de repente parece que se vai facer todo en catro días”, cuestionou Vega, que toma o relevo de Jesús López Penabad como candidato a alcaldía ribadense.