EFE / A borrasca Gabriel, formada por un proceso de cicloxénese explosiva, alcanzou os 146 quilómetros por hora na Estaca de Bares (A Coruña), un dato que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) califica de “serio”.
Rubén del Campo, voceiro da axencia, instou a non menosprezar a cifra, dado que “a partir de 120 quilómetros por hora xa se considera un refacho furacanado”.
O fenómeno meteorolóxico adverso, nomeado Gabriel por Meteo France, é a sétima borrasca fonda da tempada outono-inverno, e formouse, advertiu del Campo, “moi rapidamente”.
CARA O INTERIOR
Gabriel móvese cara o interior de Europa, pero ao longo desta noite aínda “haberá que ter coidado con fortes refachos de vento e de mal mar”, con ondas que poden alcanzar entre os sete e os oito metros.
A borrasca obrigou a activar a alerta laranxa na Mariña Lucense tanto por vento como por temporal costeiro. Aemet manterá o aviso deste nivel en toda a cornixa cantábrica durante o mércores.