InicioPolíticaTres dos catro grupos da corporación de Viveiro piden á Xunta que...

Tres dos catro grupos da corporación de Viveiro piden á Xunta que “garanta a atención primaria”

Concello, non adscritos e Son Viveiro presentan unha moción para esixir ao Goberno galego que "contrate substitutos e reforce o persoal" do centro de saúde e PAC viveirense

Publicada o

- Advertisement -

Tres das catro forzas políticas con representación na corporación municipal de Viveiro -o equipo de goberno socialista, o grupo de non adscritos e Son Viveiro-, todas agás o Partido Popular, presentaron unha moción a debater no pleno do vindeiro mércores para instar á Xunta de Galicia a “garantir a correcta atención primaria no concello”.

Os asinantes da iniciativa explican que Viveiro dispón de sete médicos en horario de mañá e tres en quenda de tarde “para atender as consultas e posibles urxencias de máis de 15.500 veciños” e tamén, dado que no centro de saúde atópase o Punto de Atención Continuada (PAC), “as dos case 3.000 do Vicedo e Ourol, polo que non se cumpre a ratio oficial de 1.500 persoas por facultativo”.

Os tres grupos políticos falan dunha situación “preocupante, cun pediatra para 2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol”. A moción tamén critica que “as baixas dos facultativos non se cubren a tempo, o que se agrava nas épocas nas que o municipio recibe máis xente, como o verán, Semana Santa ou Nadal”.

A iniciativa fai referencia a “listaxes de agarda de dez días” e recorda que “a veciñanza das tres localidades, así como os profesionais do centro de saúde esixen á Xunta solucións para unha sanidade digna e igualitaria”.

PROBLEMAS “ESTRUTURAIS” NO EDIFICIO

Así, a moción solicita do pleno instar ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a “garantir a atención primaria mediante a contratación necesaria de substitutos”; “reforzar o cadro de persoal médico para acabar coas esperas” e “realizar un informe dos problemas estruturais do edificio do centro de saúde, co compromiso de realizar os arranxos necesarios”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...