InicioPolíticaEn Marea Ribadeo propón crear un consello de participación cidadá

En Marea Ribadeo propón crear un consello de participación cidadá

O partido instrumental pretende crear unha concellería de transparencia e rotar o pleno polas parroquias do municipio

Publicada o

- Advertisement -

A agrupación de En Marea en Ribadeo, que anunciou candidatura para as vindeiras eleccións aínda que non un candidato polo de agora, avogou pola creación dun “consello de participación cidadá con presenza daqueles colectivos que o desexen, cun un papel activo na vida municipal”.

O partido instrumental propón que o consello acabe, antes de finalizar o 2019, un borrador de regulamento de participación cidadá que estableza os mecanismos para fomentala.

En Marea pretende potenciar a participación do tecido asociativo en sectores como a educación, igualdade, saúde, medioambiente, deporte ou cultura, “facilitando o acceso á información e á participación das interesadas nas políticas municipais”.

OUTRAS PROPOSTAS

A creación dunha radio veciñal con licenza municipal, a posta en marcha de orzamentos participativos, a creación dunha concellería de transparencia ou a rotación do pleno municipal por parroquias son algunhas das propostas de En Marea no eido da participación cidadá.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...