IniciosociedadePolémica pola supresión dun menú vegano na cea de Entroido de Foz

Polémica pola supresión dun menú vegano na cea de Entroido de Foz

O alcalde argumenta "dificultades loxísticas" para manter a alternativa vexetariana que se ofreceu nos últimos anos e que un grupo de comensais volveu demandar

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz argumentou este mércores a decisión de non ofrecer unha alternativa vexetariana ao menú da cea baile de Carnaval.

Este martes, un grupo de veciños solicitou que se mantivera esta opción “para as persoas que non comen carne ou que precisan, por motivos de saúde, unha oferta diferente ao menú principal”.

En relación coa demanda, o alcalde, o popular Javier Castiñeira, explicou que incremento comensais dificulta que se dea continuidade a esta iniciativa, coa que lembrou, se comezou “hai tres anos, cun menú vexetariano para un único comensal”.

O rexedor referiuse a “complicación loxística” que supón atender estas excepcións nunha comida multitudinaria como a que se prepara para o vindeiro 16 de febreiro: 800 persoas adquiriron os boletos este martes e outras 180, en espera, poderían ser ubicadas-.

“Hai dous anos fomos 500 persoas na cea, esa opción era máis viable, pero o ano pasado o aforo aumentou e xa nos comentaron algunhas dificultades desde a empresa de catering. Este ano seremos aínda máis”, expuxo.

CELÍACOS

O grupo de veciños, asistentes habituais á cea, demandaba o menú tamén para persoas que por “razóns de saúde ou éticas” preferirían contar cunha alternativa.

Neste senso, o rexedor sinalou que “no caso das persoas celíacas, por exemplo, non podemos ofrecerlles unha garantía absoluta de que os pratos non conteñan trazas dalgún ingrediente que poida prexudicalas”.

“Non só na cociña ou no transporte, incluso no servizo, iso é difícil de xestionar”, sostivo Castiñeira. “Sería imposible atender todo tipo de excepcións e circunstancias, por iso tomamos esta decisión”, concluíu.

O alcalde considerase respaldado polas peñas que, dixo, “non puxeron ningunha obxección” e convidou a disfrutar da “diversión e do baile” independentemente de que “a comida guste máis ou menos”.

MENÚ

Así, o menú de Entroido será o anunciado: sopa, costela asada con guarnición, viños tinto e branco, sobremesa, café e chupiñoPuzzle Animación amenizará a gala que se celebrará na Sala Bahía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...