IniciosociedadeXornal da Mariña, entre os 80 medios asociados en galego

Xornal da Mariña, entre os 80 medios asociados en galego

Amega celebrou a súa gala anual coa presenza da cantautora focega Ugía Pedreira

Publicada o

- Advertisement -
A Asociación de Medios en Galego (Amega) celebrou o pasado 2 de febreiro en Pontevedra a súa gala anual, que se celebra neste mes con motivo da primeira publicación -o 7 de febreiro, hai 122 anos– realizada integramente no noso idioma, O Tío Marcos da Portela.
A xornada sérvelle á agrupación de fío condutor para realizar as campañas de sensibilización e concienciación da necesidade de manter medios que fomenten de forma viva e útil o noso idioma.

O cómico Xosé Touriñán e a cantautora focega Ugía Pedreira -que entoou un poema da laurentina Marina Oural Villapol– participaron no evento.

Xornal da Mariña, Lugo Xornal e Xornal de Lemos, medios asociados a Galicia Confidencial, son tres dos integrantes de Amega.

DE TODOS OS EIDOS

Máis de 80 medios -moitos atopados por certo coa axuda da xente de agora.gal- en todos os formatos –radio, prensa impresa, prensa dixital, revistas, televisión– e de todos os eidos -actualidade, cultura, deportes- únense na agrupación.

LISTAXE

Son: 40 Nordés, 5 FM, A Cuarta Parede, A Nova Peneira, A Voz de Vilalba, Ábretedeorellas, Adiante.gal, Ames Radio, Campo Galego, Canal Barbanza, Canal Rias Baixas, Código Cero, Crónica 3, Crónicas da comarca, Culturagalega.org, DiarioDeportivo.gal, Diario Liberdade, Disquecool, Galicia Confidencial, GCiencia, GZmusica, Historia de Galicia, Lugo Xornal, Lindeiros e Luzes.
Mazarelos, Nós Televisión, Nova Fantasía, Novas da Galiza, Novas do Eixo Atlántico, O Dez, Ollaparo, O Sil.info, Palavra Comun, Ponte nas ondas, Pontevedraviva, Praza Pública, Que pasa na Costa, Radio Allariz, Radio Arzúa, Radio Burela, Radio Caldas, Radio Cerceda, Radio Culleredo, Radio Estrada, Radio Eume (As Pontes), Radio Fene, Radio Foz, Radio Lalín, Radio Melide, Radio Negreira, Radio Neria (Corcubión), Radio Nordés (Cadena Ser), Radio Oleiros, Radio Ordes, Radio Quiroga, Radio Redondela, Radio Roncudo, Radio Salnés (Cambados), Radio Tui, Radio Xallas e Radiofusión.
E tamén: Revista Feminista Andaina, Revista Feminista Revirada, Radio Morcego, Revista Orballo, Revista Pincha, Sermos Galiza, Sprintmotor, SurfGZ, Televinte Chantada, Televisión de Galicia, Tempos Novos, Teo Vivo, Terracha.xa, Vinte, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Xornal de Vigo, Zona Press.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...