Javier Teijeiro López e Valentín Mera Sánchez incorporaranse como concelleiros do Partido Popular na corporación de Viveiro. Así o deu a coñecer o presidente da xestora local do PP, Jaime de Olano.
Os novos edís do PP entrarán a formar parte do Pleno en substitución de Antonio Bouza e Cristina Goás, que renunciaron ás súas actas e aos que Olano quixo agradecer “o seu bo labor no grupo municipal do PP e a súa dedicación ao servizo dos intereses de tódolos viveirenses”.
DE NOVO CINCO EDÍS
Ao grupo conservador, do que forman parte os edís Jaime de Olano, Celestino García e Antonio Lage-Seara -que substituíu á tamén demitida Chus Vale tomou posesión na sesión plenaria do pasado mércores, a mesma na que renunciaron Bouza e Goás- sumaranse Teijeiro e Mera no vindeiro pleno.