O Concello de Burela presentou a programación do Entroido. O desfile celebrarase o domingo, 3 de marzo, e destinaranse algo máis de 3.000 euros a premios, unha cantidade igual á do ano anterior.
Trala xuntanza mantida co tecido asociativo, o edil de cultura, José Díaz, agradece a colaboración do comercio e da hostalería locais, xa que doarán grande parte dos devanditos premios.
“É moi destacable a colaboración dos nosos comerciantes en todos os eventos que se organizan en Burela, mesmo cando ao mellor non son tempos fáciles para os negocios”, explicou Díaz.
o concello baralla pechar unha actuación musical para animar a noite do luns
O concelleiro anunciou que “imos ter unha carpa na Praza do Concello, meirande que a do ano pasado, e estamos a valorar algunha actuación musical o luns á noite, para que a xente se quede en Burela”.
DÍA DO NENO
O martes, 5 de marzo, festivo local, será o Día do Neno, con xogos, talleres de elaboración de postres de Carnaval e outras actividades na carpa.