EFE. Catro homes, un deles residente en Viveiro, foron detidos por axentes da Garda Civil da Coruña como presuntos autores de senllos delitos contra a saúde pública por traficar con drogas a nivel estatal, segundo informou este xoves o Ministerio do Interior.
A investigación iniciouse no mes de marzo do 2018, cando os axentes comezaron a sospeitar que un veciño da localidade de Sada podía estar a desprazarse a Vilagarcía de Arousa para obter sustancias estupefacientes, que posteriormente distribuiría a distintos puntos do Estado.
A continuación, practicáronse catro entradas e rexistros en domicilios de Sada, Viveiro, Vilagarcía e Bilbao, onde se interceptaron cinco quilos de cocaína,
medio de heroína, 118.000 euros en metálico e catro vehículos de gama media-alta.
Tamén se constatou a distribución das sustancias ilícitas a distintas comunidades, engade a nota.
As dúas primeiras detencións producíronse en Bilbao, onde se sorprendeu ao veciño de Sada realizando unha transacción de cinco quilos de cocaína. Nun rexistro posterior achouse medio quilo de heroína e diñeiro en metálico. Seguidamente, detívose a outro receptor en Viveiro e á parella do vendedor no seu domicilio de Sada.
Tamén se constatou a distribución das sustancias ilícitas a distintas comunidades, engade a nota.
BUSCAN DOUS SOSPEITOSOS
O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil da Coruña efectuou as detencións e ordenou a búsqueda e captura doutros dous individuos. A investigación segue aberta.