A Garda Civil detivo no municipio de Foz aos catro presuntos autores do furto de dúas baterías de frío de aluminio e cobre valoradas en 4.000 euros.
Segundo informou o Instituto Armado, ás 8.00 horas do pasado día 17 no termo municipal de Foz foron arrestados o catro presuntos autores dun delito de furto.
As persoas detidas serán postas a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Viveiro.
EFECTOS RECUPERADOS
O material subtraído pertence a unha empresa situada no polígono industrial de Fazouro. A Benemérita indicou que os efectos recuperados foron postos a disposición dos seus propietarios.