A cantautora bergantiñana Sés ofrecerá un concerto o sábado 4 de maio no auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo.
No espectáculo ‘A rabia do silencio‘, que comezará ás 21.00 horas, a artista repasará cancións populares, folclóricas ou de autor da tradición latinoamericana e peninsular nun formato acústico.
O repertorio incluirá pezas de Víctor Jara, Mercedes Sosa ou o Zeca Afonso. Sés estará acompañada de Tito Calviño (guitarra, percusión e coros) e Sabela Galbán (frauta, acordeón e voz).
AS ENTRADAS, Á VENTA O XOVES
As entradas, segundo confirmou a web da cantautora, estarán á venda a partir deste xoves, 21 de febreiro, na plataforma Ticketea.