A coordinadora xeral de Foz Plataforma de Futuro decidiu por unanimidade que a formación política concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio.
Así, segundo os nosos estatutos do partido, FPF abre un proceso de primarias abertas á militancia, para que se poidan presentar todos aqueles candidatos oque queiran defender este proxecto.
Poderanse presentar candidaturas ata a celebración da asemblea extraordinaria prevista para o 9 de marzo. O encontro será no local social do partido ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, na que os posibles candidatos exporán os seus proxectos. Desa mesma xuntaza sairá o alcaldable da formación.
TRES EDÍS
FPF, que naceu a finais do 2014 e acadou tres edís nos comicios de 2015, estivo representado na corporación por Luís Alfonso Sixto Legaspi, xunto a Juan Riveiro e María Peña.
A coordinadora xeral do partido independente sinala que cumpre así “unha das nosas promesas electorais da campaña pasada, na que dixemos que o noso proxecto non era un experimento nin un apéndice doutra formación política senón que viñera para quedarse, un partido municipalista centrado en Foz”.