IniciosociedadeRematan as obras de ampliación da rúa Fonte da Cruz de Foz

Rematan as obras de ampliación da rúa Fonte da Cruz de Foz

O Concello investiu 50.000 euros en "quitar un tapón do tráfico" co aumento da vía de catro a once metros e a instalación de beiravías

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz rematou os traballos de urbanización da rúa Fonte da Cruz na vila focega, unha das saídas cara a estrada de Ribadeo.

O alcalde focego, o popular Javier Castiñeira, resalta que a obra, que contou cun investimento de 50.000 euros de fondos municipais, supón “quitar un tapón no tráfico moi grande” nunha estrada “que é moi usada na vila, como saída e como acceso”.

A vía ampliouse de catro a once metros, habilitando dobre carril e beirarrúas, polo que Castiñeira agradece “a boa fe dos propietarios”.

PACTO CON FPF

O alcalde lembra que posibilitou a actuación un pacto con Foz Plataforma de Futuro (FPF), que apoiou os orzamentos presentados polo PP, e argumenta que a obra é “un paso adiante” na “reorganización do centro urbán que afecta precisamente á mobilidade do tráfico do noso concello”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...