IniciosociedadeViveiro adxudica obras en tres rúas do casco e Martín Ledesma

Viveiro adxudica obras en tres rúas do casco e Martín Ledesma

A Deputación Provincial de Lugo financia as actuacións, orzamentadas en 155.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro adxudicou varias actuacións no municipio trala xuntanza da mesa de contratación para a licitación de obras. O seu financiamento correrá a cargo da Deputación Provincial de Lugo.

Unha das obras a realizar é a reposición e mellora do firme nas rúas Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya no núcleo urbano de Viveiro. O orzamento destinado a estas actuacións é de 57.632,46 euros e o prazo de execución é dun mes.

Nese intervalo procederase ao acondicionamento dos tres viais, co obxecto de facilitar a circulación rodada dos mesmos mediante o reforzo do firme. Tamén se farán obras de albanelaría necesarias para elevar as tapas de rexistro dos pozos e sumidoiros existentes. Presentáronse catro empresas con cadanseu proxecto e finalmente resultou proposta Desarrollos y Metas, S. L., por un prezo ofertado de 45.617 euros.

ZONA ESCOLAR

Outra das actuacións é a reposición de firme e rexeneración de isletas existentes fronte á zona escolar da rúa Martín Ledesma. O orzamento neste caso é de 97.367,54 euros, cun prazo de execución dun mes.

Neste caso, a empresa adxudicataria deberá acondicionar a estrutura do vial; reemprazar o borde de formigón que delimita as isletas situadas fronte ao edificio da Cruz Vermella; dotar á zona verde de rego automático; instalar dous pasos de peóns elevados desde o paseo marítimo ata a zona escolar; sanear os sumidoiros. A empresa Carferlo, S. L. será a encargada da tarefa, cun custo ofertado de 68.123 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...