IniciosociedadeA Xunta prevé arranxar con 433.000 euros "este ano" a vía Landrove-Ferreira

A Xunta prevé arranxar con 433.000 euros “este ano” a vía Landrove-Ferreira

O Goberno galego actuará en 9,5 quilómetros da estrada, que conecta os concellos de Ourol, Viveiro e O Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia anunciou que acometerá “este ano” obras de mellora na estrada LU-161, que conecta a localidade viveirense de Landrove con Ferreira do Valadouro.

O orzamento alcanzará, segundo a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, os 433.400 euros para unha actuación que abrangue 9,5 quilómetros nunha vía que conecta os municipios de Viveiro, Ourol e O Valadouro.

En concreto, as actuacións afectarán ao treito entre Chavín -á altura do punto quilométrico 2,680- e As Lobeiras -11,130-, e tamén ao percorrido entre os puntos quilométricos 14,990 e 16,000, en Santa María de Vilacampa.

A intervención consistirá en reparar as partes que presentan deterioro mediante fresados localizados e posterior reposición con mestura bituminosa a carril completo.

Segundo afirmou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXIlicitará e adxudicará as obras “nos vindeiros meses” coa previsión de executalas “este mesmo ano“.

MALESTAR NO CONCELLO

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, emitiu un comunicado no que afeou áo Goberno galego que avisase ao executivo municipal “ás nove da mañá” para acudir a unha presentación do proxecto que se celebrou dúas horas despois.

A rexedora xustificou así a ausencia de representantes do goberno local no acto e lamentou que é “habitual” que a delegación territorial da Xunta avise “no último momento”.

O BNG CRE QUE É “INSUFICIENTE”

O BNG de Viveiro considera “totalmente insuficiente” as “medidas de parcheo” prometidas para unha estrada coma a LU-161, que se atopa “non só nunhas condicións de abandono total, que a fan moi perigosa, senón tamén cunha escasa anchura, cunetas en mal estado e sen beiravías“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...