A xornalista catalana Karmele Marchante presentará o martes 5 de marzo, ás 20.30 horas na Librería Bahía de Foz, o seu libro ‘Puta no se nace‘ (LoQueNoExiste), sobre a prostitución.
Baixo a premisa de “a prostitución existe porque os homes mercan o corpo das mulleres pobres“, a cronista tarraconense denuncia no ensaio a explotación de mulleres e nenas por parte do lobby do sexo.
Aos seus 75 anos, Marchante escribe sobre a “escravitude do século XXI” que “ispe de dereitos aos millóns de mulleres de todo o mundo que caen nesta lacra”, e opta polo abolicionismo.
Así, demanda “a efectiva persecución” dos que contribúen “dun ou doutro xeito” a que o negocio do sexo se manteña.
ESCAPARATE FEMINISTA
Xunto á periodista participará no acto de presentación a artista plástica Katova, quen xunto a Noa, outra creadora de Viveiro, deseñaron un escaparate feminista co que a Librería Bahía pretende dar visibilidade ás reivindicacións feministas do vindeiro 8 de marzo.