O alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, postulouse para ser o candidato do PSOE pola provincia de Lugo ao Senado nas próximas eleccións xerais do 28 de abril.
Deste xeito, súmase aos militantes que fixeron público o seu postulado: o rexedor de Pedrafita do Cebreiro, José Luís Raposo, o senador Ricardo Varela e o xornalista Fidel Fernán.
A COMARCA “DEBE ESTAR REPRESENTADA”
O rexedor mariñán xustificou a súa candidatura na necesidade de que A Mariña Lucense teña “voz propia“na Cámara alta. Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.