O Goberno incluirá a Alfoz e O Valadouro na sinalización da A-8. Así o apuntou a subdelegada do Executivo central, Isabel Rodríguez.
A subdelegada explicoulles a Jorge Val e Edmundo Maseda, os alcaldes alfocego e valadourense, que Fomento encargado o sinal que ubicará na saída 536 da autovía, e que incluirá os nomes de A Seara e Ferreira xunto cos de Lourenzá e Mondoñedo.
Rodríguez resalta que a sinalización, unha vella demanda dos dous municipios, “beneficiará sen dúbida a estes concellos da Mariña interior”.
ACORDOS PLENARIOS
As corporacións locais de Alfoz e O Valadouro adoptaron acordos plenarios en 2014 nos que facían esta reivindicación para acabar coa marxinación dos dous concellos na sinalización da A-8.
Segundo expuxo Rodríguez, “os seus alcaldes realizaran múltiples xestións con anterior Goberno, que nunca atendeu as súas peticións”.