O Concello de Viveiro celebrará o Día Internacional da Muller cun programa de actos que inclúe charlas, obradoiros e exposicións ao longo de practicamente todo o mes de marzo.
O día 8 celebrarse unha concentración na Praza da Maior, a partir das 12.00 horas, que se engloba dentro dos numerosos actos programados na Mariña Lucense dentro da xornada de folga feminista.
Ademais, colgarase unha pancarta e carteis realizados pola viveirense de Emma Rego Eiroa, de 15 anos. “Nin sumisa nin calada; forte, alegre e liberada”, pódese ler no póster.
Desde o 8 ata o 18 de marzo poderá verse no consistorio unha exposición de debuxo escolar, ‘Mamá Traballadora‘, e unha mostra de fotografía, ‘Traballos e mulleres‘.
Do 11 ao 13 de marzo celebraranse obradoiros na EEI San Roque sobre educación en igualdade e no Ceip Santa Rita de Galdo, sobre micromachismos. O 16 haberá unha cea de confraternización, no restaurante Louzao.
Os días 22 e 29 de marzo haberá unha xornada para familias en proceso de separación e divorcio, que ofrecerá Disciplina Positiva A Mariña, de 20.30 a 22.30 horas no consistorio.
Finalmente, todos os xoves de marzo, Academia Chassé impartirá un curso de baile, de 19.30 a 20.30 horas.
BARREIROS
En Barreiros, as actividades comezarán o 11 de marzo, ás 17.00 horas no centro social de San Cosme, cos xogos para todas as idades Mulleres Na Historia, que tamén se celebrarán en Vilamar (xoves, 16.15 horas) e no Ceip de San Miguel (xoves, 18.00 horas).
O 15 de marzo entregaranse os premios do concurso de fotografía ‘A Muller Traballadora‘. O acto de entrega de galardóns será no centro social de San Cosme, a partir das 18.30.
OUROL
En Ourol, o día 9 (centro social de Merille, 14.00 horas) será a terceira edición da Xuntanza de Mulleres do Concello de Ourol.
A comida-baile servirá de espazo de celebración dos logros alcanzados polas mulleres nunha sociedade que segue a ser desigualitaria, pero tamén como acto reivindicativo de todos os dereitos que aínda nos quedan aínda por alcanzar.
CERVO
En Cervo, o día 8 haberá unha cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na casa da cultura.
Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante o mes de febreiro. A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na casa do mar.
O 17 de marzo haberá unha representación teatral ‘Igual a Nós‘, coa achega da Secretaría Xeral de Igualdade. Trátase dunha reflexión grupal e performance contra a violencia de xénero. Comezará ás 18.00 horas, na casa do mar.
O 23 de marzo, o Concello programou un seminario gratuíto de defensa persoal, a cargo da Escola de Defensa Persoal & Policial HKF. Será tamén a casa do mar, en horario de entre 16.30 e 20.00 horas.