IniciosociedadeCeleiro acollerá a primeira patrulleira da nova frota de Gardacostas

Celeiro acollerá a primeira patrulleira da nova frota de Gardacostas

'Punta Promontoiro' ten 17 metros de eslora e acada unha velocidade máxima de 36 nós

Publicada o

- Advertisement -

O estaleiro de Moaña Rodman Polyships entregou a primeira das catro patrulleiras adxudicadas no marco do proceso de renovación parcial da frota do Servizo de Gardacostas de Galicia. A súa base estará en Celeiro.

A patrulleira lixeira entregada este venres á Xunta de Galicia, ‘Punta Promontoiro’, relevará á embarcación ‘Pena Trevinca’, con base en Portonovo, que a Consellería do Mar doará á Cruz Vermella.

Segundo explica o Goberno galego, a embarcación con base no peirao de Celeiro é de tipo monocasco. Ten 17 metros de eslora, unha manga de cinco metros e o calado é de 0,9 metros. Entre as súas prestacións está acadar os 36 nós de velocidade máxima, 33 de velocidade cruceiro e unha autonomía mínima a 19 nós de 553 millas náuticas.

A segunda unidade incluída nesta licitación, cun orzamento de 1,7 millóns de euros, será entregada nas próximas semanas pois agora atópase en pleno proceso de construción.

Estas unidades son aptas para tarefas de inspección e vixilancia pesqueira, control e apoio á frota, colaboración en operacións de busca e salvamento e participación en actividades de loita contra a contaminación mariña.

AXUDAS A UN PALANGREIRO DE FONDO

A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, visitou este venres en Celeiro o buque palangreiro de fondo ‘Currana Un’, con base no porto celeirés e eslora de 33,5 metros, no que se realizaron melloras de seguridade e das condicións a bordo.

Visita á embarcación. AXM

Estes investimentos foron apoiados pola Consellería do Mar cunha subvención de 66.650 euros cofinanciados co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e consistiron no reforzo da protección da zona de proa, na construción dun peche de protección a popa e na mellora da zona do parque de pesca, entre outros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...