A décimo segunda etapa da Vuelta a España, que se disputará o 6 de setembro, pasará por varias localidades da Mariña. Partirá de Mondoñedo ata a Estaca de Bares, e está previsto que os ciclistas circulen polo alto de Trabada, Ribadeo, Foz, San Cibrao ou Celeiro.
o alto de trabada puntuará como montaña de terceira categoría
O percorrido será de 177,5 quilómetros cun perfil de media montaña. Haberá dous portos de terceira categoría, o alto de Trabada e o porto de Bares. O alcalde burelés, Alfredo Llano, explicou que en Burela o pelotón pasará “por Arcadio Pardiñas” e resaltou que “é unha boa nova e os afeccionados ao ciclismo teñen unha razón importante para achegarse ao noso municipio”.
CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS
Uns 200 nenos participaron nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela, que pecharon o curso con exhibicións de zumba e patinaxe artístico.