O Pescados Rubén Burela FSF salvou a visita do vixente campión, Jimbee Roldán FSF (3-2), para manterse no cumio da Liga Foro 16 Feminismo.
O cadro burelao adquiriu unha vantaxe de 3-0 nunha primeira parte con intensidade e velocidade de balón. Cami, en dúas ocasións, e Peque deron ás locais unha cómoda vantaxe que estivo a piques de esvaecerse.
O cadro murciano recurtou diferenzas cun tanto de Luci en propia porta no minuto 25 e a lesión no 31 de Cris, cun forte golpe no xeonllo no 31 foi un duro revés para o conxunto mariñao.
a lesión de cris, que semella de gravidade, foi un pau para o cadro mariñao
A tres minutos para o final, Consu apertou aínda máis o marcador e no treito final do encontro as discípulas de Julio Delgado e Lucas padeceron para conservar a súa mínima renta. Finalmente, acadaron o obxectivo e suman 57 puntos.
O Atlético segue a estela do equipo laranxa, a tres puntos tras derrotar ao Viaxes Amarelle (8-2).
VISITA AO LEGANÉS
O conxunto burelao visitará a vindeira fin de semana ao Leganés, un equipo da zona baixa -ten 16 puntos- que con todo presentou historicamente dificultades ao líder da Primeira División.