Luis Alfonso Sixto Legaspi repetirá como candidato de Foz Plataforma de Futuro (FPF) despois de ser elixido por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada o pasado sábado.
O candidato dos independentes encabezou no 2015 a listaxe no debú nunhas eleccións municipais de FPF, partido creado a finais do 2014.
Foz Plataforma de Futuro acadou tres edís en 2014. Luís Alfonso Sixto Legaspi, xunto a Juan Riveiro e María Peña representaron ao partido independente na corporación.
PROMESA ELECTORAL
A coordinadora xeral do partido independente remarcou días atrás que “unha das nosas promesas electorais da campaña pasada foi presentarnos de novo en 2019. O noso proxecto non é un experimento nin un apéndice doutra formación política senón que vén para quedarse, un partido municipalista centrado en Foz”, concluíu.