IniciosociedadePrognostican temporal costeiro na Mariña este mércores, con ondas de ata seis...

Prognostican temporal costeiro na Mariña este mércores, con ondas de ata seis metros

Desde a madrugada activarase a alerta amarela, que ao mediodía pasará a laranxa por mar combinado do noroeste

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Mariña Lucense estará en alerta de nivel laranxa -a segunda dun nivel de tres- este mércores por temporal costeiro, segundo advertiu a Xunta de Galicia, con ondas de ata seis metros.

A axencia meteorolóxica pública Aemet prognostica desde o mediodía, cando se activará o aviso laranxa, mar combinado do noroeste con ondas de cinco a seis metros.

Con todo, a petición de precaución comezará na madrugada do mércores. Durante as primeiras horas do día 13 ficará activa a advertencia amarela.

Comunicado da Xunta. AXM

SUSPENSIÓN DA PESCA

A Xunta de Galicia aconsella “suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas” e recomenda “extremar as medidas de seguridade” nas actividades marítimas e “revisar cabos e amarres de embarcacións”.

Do mesmo xeito, desaconsella á poboación acceder ás proximidades de zonas marítimas de risco, especialmente portos ou diques, susceptibles de recibir o impacto da forte ondada. 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...