InicioEconomíaExpomar acollerá a presentación dun estudo sociolaboral da pesca en Burela

Expomar acollerá a presentación dun estudo sociolaboral da pesca en Burela

A feira ampliará a 4.000 metros cadrados a súa superficie para acoller a un total de 120 stands e 300 marcas

Publicada o

- Advertisement -

A feira náutico-pesqueira Expomar ampliará a súa superficie ata alcanzar os 4.000 metros cadrados para acoller 120 stands e arredor de 300 marcas. No encontro presentarase un estudo sociolaboral da pesca en Burela.

O presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, explica que nas últimas horas celebrouse unha xuntanza da comisión organizadora para ultimar os detalles do evento, que se celebrará en Burela do 9 ao 12 de maio.

Ao longo das xornadas técnicas, que se celebrarán nesta edición o xoves e mailo venres, presentarase un informe sociolaboral da pesca en Burela e analizaranse cuestións de interese para o sector. Ademais, celebrarase o Consello Galego de Pesca, paralelamente á feira.

Llano explicou que o mencionado estudo “é extraordinario e vai ter moita importancia nesta feira. Tamén se vai tratar o plan estratéxico da Confederación Española de Pesca (Cepesca) no ámbito social”, precisou.

Llano engadiu que “con respecto aos temas de xestión pesqueira, que se abordarán o venres, farase unha análise da posta en marcha dos plans de xestión, as novidades sobre o Brexit e a repercusión que pode ter sobre o sector pesqueiro. Finalmente falarase da Política Pesqueira Común (PPC)”, conclúe.

REFERENCIA A NIVEL ESTATAL

Para o alcalde de Burela, Expomar “é agora unha das feiras máis notorias de todo o Estado español pola calidade dos seus stands e polas xornadas técnicas, que consideramos que son interesantísimas e actuais. E tamén temos o encontro empresarial, ao que se engadirá este ano o Consello Galego de Pesca”, concluíu. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...