IniciosociedadeConcello e Deputación porán 140.000 euros cada un para o Pepe Barrera...

Concello e Deputación porán 140.000 euros cada un para o Pepe Barrera e instan á Xunta a achegar “o mesmo”

Lembran que o Goberno galego ten "as competencias directas" en materia deportiva e que o proxecto de rehabilitación do campo de fútbol ribadense alcanza os 420.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo chegaron a un acordo este martes para financiar cada unha das administracións con 140.000 euros as obras de rehabilitación integral do campo municipal Pepe Barrera.

Os executivos municipal e provincial piden á Xunta de Galicia, que comprometeu por escrito unha axuda de 46.000 euros, que “cando menos faga o mesmo”. Concello e Deputación lembran que o Goberno galego “é a administración coas competencias directas na materia deportiva”. 

Este acordo contempla o investimento conxunto de 280.000 euros, polo que a petición ao Executivo autonómico é que poña outros 140.000 para completar -cun esforzo dun terzo do total por administración- un orzamento de 420.000 euros

ACUMULACIÓNS DE AUGA

Deputación e Concello consideran que é preciso ese desembolso a fin de acadar unha rehabilitación integral do terreo de xogo para evitar, principalmente, as acumulacións de auga que impiden que se poida empregar o campo con normalidade.

Para elo, executaranse traballos de drenaxe cos que mellorar o desaugue do terreo e nivelarase o chan, poñendo fin á diferenza de case un metro que existe entre as esquinas do campo. O terreo dotarase de herba natural. Ademais, o proxecto contempla actuacións de mellora dos vestiarios e das gradas.

O dese campo de fútbol municipal Pepe Barrera é unha dotación deportiva empregada de xeito habitual por máis de 150 deportistas que adestran e xogan os seus partidos neste espazo.

SEN REPRESENTANTES DA XUNTA

Así o explicaron o presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, e o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, no acto de presentación do proxecto básico para a rehabilitación do terreo de xogo desta infraestrutura municipal, no que participaron os representantes da Sociedade Deportiva Ribadeo e do Ribadeo Fútbol Club

O rexedor afeou á Xunta de Galicia que, malia a convocatoria realizada polo goberno local, non asistira ningún representante do Executivo autonómico. “Os que se autoexclúen non queren explicar en persoa o que din os medios de comunicación”, indicou.

A Xunta reiterou o seu compromiso de achegar 46.000 euros no 2019 para o arranxo do campo e instou ao goberno local de Ribadeo a, de precisar un maior orzamento, quitar financiación do Fondo de Cooperación Local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...