O Concello de Viveiro deu a coñecer as datas do Mercado Renacentista, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo.
Trátase da décimo segunda edición dos festexos, que organiza o goberno municipal. O executivo municipal afirma que no 2019 “darase continuidade ao enfoque cultural que desde o 2018 se pretende dar a este evento”.
“REFERENTE NA MARIÑA”
Así, na programación incluiranse “exposicións, concertos e outras actividades que se desenvolverán ao longo de toda semana e que contribuirán a enriquecer esta cita, que xa se consolidou como un dos referentes socioculturais da Mariña Lucense”, remarca o equipo de goberno.