Trala asemblea celebrada o pasado domingo, Efigenia Maseda Paz presidirá a dirección executiva de VIA Alfoz, que por agora pospón o anuncio da persoa que encabezará a listaxe electoral do partido independente nas eleccións municipais.
Francisco José Fernández Fraga (vicepresidente), Pablo José Maseda Rubal (tesoureiro e vogal de economía), Jordi Melián Pagés (secretario) e Carmen Geada Maseda (vogal de acción social) e Xabier Pardiñas Suárez (vicesecretario de organización e voceiro) integrarán o órgano director de VIA Alfoz.
Eliseo Lorenzo García (vogal de coñecemento), Daniel Pérez Pardiñas, (innovación), Fernanda Casabella Méndez, (participación) e José Luis Cascudo (territorio) pechan a directiva.
A asemblea aprobou por unanimidade o plan de traballo de cara ás próximas eleccións locais que desenvolverá a nova dirección executiva, encargada ademais de confeccionar o programa electoral e a candidatura.
Os afiliados de VIA alfoz decidiron pospoñer a decisión sobre a persoa que encabezará a lista como candidata á alcaldía, acordo que tomará a executiva en vindeiras datas.