O pico da Frouxeira servirá como escenario para unha recreación histórica o vindeiro venres, 8 de xuño. A escenificación, que impulsan os concellos de Foz e Alfoz, chámase ‘A historia cobra vida na Frouxeira‘.
O acto, con entrada de balde, comezará ás 21.00 horas, aínda que o público debe estar como mínimo media hora antes da escenificación, pois o acceso ao recinto pecharase ás 20.30.
Pola mañá, ás 11.30 horas, o alumnado de quinto e sexto de primaria dos colexios de Alfoz e Foz poderá desfrutar da recreación.
A intención é promocionar a fortaleza da Frouxeira, cun dos miradoiros máis espectaculares da Mariña Lucense. Esta iniciativa súmase á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta con subvención concedida pola Xunta de Galicia.