O alcalde de Becerreá, deputado non adscrito e presidente de Suplusa, Manuel Martínez, presentou este luns a súa marca política, ‘Galicia Sempre‘, un partido “galeguista, de centro e sen ataduras” que concorrerá ás eleccións municipais en Burela e que estuda presentar candidatura en Viveiro.
Martínez, cuxo enfrontamento co presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, derivou na súa expulsión do PSOE despois de 40 anos de militancia, quere “emular ao PNV” e rabuñar votos “a esquerda e dereita, deixando a un lado os extremismos”.
Coa intención de obter un deputado provincial, ‘Galicia Sempre’ presentará candidatura en Lugo -cunha muller como cabeza de listaxe, segundo avanzou Martínez-, Becerreá, Sarria e Burela, onde fundou ‘Burela Sempre’, que preside Ángel Rodríguez Martínez. Ademais, baralla facelo no Páramo e en Viveiro.
Podes ler a información completa en Lugo Xornal.