Lourenzá acollerá o 18 de abril, Xoves Santo, a cuarta concentración de scooters, motos e coches antigos de VespaFaba & Clásicos, que amenizará a orquestra Panorama. O Concello de Lourenzá colabora coa entidade organizadora.
O evento, que coincidirá co torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, espera reunir a máis de 50 vehículos, procedentes de Galicia e Asturias.
INSCRICIÓNS
No encontro haberá xincana de scooters -con obstáculos e trampolín- con Vespa Lugo Equipo de Rescate, e os participantes comerán no campo da feira, onde se celebrará a festa da asociación Conde Santo.
Os interesados en anotarse poden facelo no teléfono 689.00.80.73, ao que se pode chamar ou tamén solicitar a inscrición vía whatsapp.
OFERTA COMPLETA DE OCIO
A coincidencia no tempo co campionato deportivo, que xuntará equipos de toda a Península Ibérica, suporá unha oferta de ocio variada no municipio, o que subliña o presidente de VespaFaba & Clásicos, Fran Rivas.
O responsable da agrupación subliña que “a asociación Conde Santo tamén se implicou e fará unha sesión vermú e verbena á noite, na que actuará a orquestra Panorama. Así que vai ser un día moi interesante”, indica.
A alcaldesa de Lourenzá, a socialista Rocío López, comenta que “esta quedada traerá ó noso concello xentes chegadas doutras localidades. É unha Semana Santa que acollerá tamén, un ano máis, o torneo de basket feminino, no que participan equipos chegados de distintos lugares de España e Portugal. Vai ser unha ponte chea de actividades”, remarcou.