InicioPolíticaGema Méndez e Iago Villamil serán os números 2 e 3 do...

Gema Méndez e Iago Villamil serán os números 2 e 3 do BNG de Foz

Sara Veiga, Benito García e Zoraida Coira asumirán as posicións 4, 5, e 6 da candidatura nacionalista, renovada case ao completo nas seis primeiras posicións

Publicada o

- Advertisement -

Gema Méndez Leivas, analista de laboratorio de Alcoa, será a número 2 da candidatura do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Foz.

Tralo anuncio do seu candidato, Francisco Javier Fanego, o partido frontista anunciou este sábado o primeiro tramo da candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio.

A listaxe electoral dos nacionalistas destaca pola súa renovación, xa que non repetirá ningunha das dúas edís que representaron ao BNG na corporación, Lorena Seivane e Teresa Rego. Tampouco estarán nas primeiras posicións Amara Méndez e David García3 e 4.

Iago Villamil Cajoto, médico no Hospital Público da Mariña, ascende do sexto ao terceiro posto da candidatura. A cuarta posición correspóndelle a Sara Veiga Alonso, mestra, sendo o quinto para Benito García Bolaño, cociñeiro, que repite posición con respecto a 2015. O sexto lugar será para Zoraida Coira Vázquez, traballadora de telecomunicacións.

Segundo expón o BNG, “o común denominador de todas estas persoas, ao igual que o resto das que componen a candidatura, é o seu compromiso co pobo de Foz desde diversos eidos sociais e culturais e tamén a defensa dos intereses das maiorías sociais e dos servizos públicos coma a sanidade, donde Villamil desenvolve unha ardua labor na defensa deste importante servizo público”.

A LISTAXE COMPLETA, “NAS VINDEIRAS SEMANAS”

O proxecto do BNG, sinala o partido frontista, “porá no centro de atención ás persoas”. A candidatura completa presentarase nas vindeiras semanas nun acto público ainda por determinar o lugar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...