InicioCulturaCarmen Conde, Pepo Suevos ou o tributo a Sabina, reclamos culturais de...

Carmen Conde, Pepo Suevos ou o tributo a Sabina, reclamos culturais de Cervo na Semana Santa

A axenda de ocio preparada polo Concello comezará este domingo cun espectáculo de narración oral da actriz sobre a sexualidade, e incluirá actividades para pequenos e grandes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo anunciou este martes a programación cultural de Semana Santa do municipio.

A axenda comezará este domingo, co espectáculo de narración oral ‘Tabú‘, a cargo de Carmen Conde (casa da cultura de San Cibrao, 19.30 horas).

‘Tabú’ nace das conversas recollidas con mulleres galegas de entre 70 e 95 anos, de lugares como Val Miñor, O Courel, A Costa da Morte ou A Mariña Lucense, sobre a sexualidade.

O Venres Santo, 19 de abril, no mesmo escenario e á mesma hora, o actor galego Pepo Suevos ofrecerá un dos seus monólogos.

O sábado será a quenda da música cun tributo a Joaquín Sabina. Comezará ás 20.00 horas, tamén no auditorio da casa da cultura.

O domingo 21 será a asociación de veciños do Burgo de Trasbar a que celebrará a Festa de Pascua, na chaira do local social. Ás 13.30 horas está prevista a actuación de Dambara. Logo haberá misa e xantar a partir das 15.00 horas.

Cartel da Festa da Pascua. AXM

ACTIVIDADES PARA NENOS

A delegación de educación tamén programou diversas actividades para as crianzas e a mocidade. Así, o martes, 16 de abril, terá lugar un concurso infantil e xuvenil de espantallos, a partir das 17.00 horas, no campo de fútbol de Río Covo.

O xoves 18 celebrarase un taller infantil de mandalas, dirixido a nenos de tres anos en diante. Será ás 11.00 horas no ecomuseo de Cervo. Ás 12:00 horas dese mesmo día, na mesma ubicación, haberá un obradoiro infantil sobre ciencia para pequenos a partir de sete anos.

O venres, o ecomuseo acollerá unha actuación de monicreques desde as 12.30 horas. O sábado, 20 de abril, a mañá estará dedicada aos xogos populares, cunha actividade que terá lugar á mesma hora e mesmo lugar.

PARA OS XÓVENES, LASER TAG E ESCAPE ROOM

No tocante ao público xuvenil –de doce anos en diante-, poderá desfrutar do Laser Tag, un xogo deportivo que simula un combate entre dous equipos, que teñen que sumar puntos alcanzando con disparadores de infravermellos os dispositivos receptores que teñen os rivais. Esta actividade celebrarase o luns 15, a partir das 16.30 horas, no Parque Reina Sofía.

O mércores, 17 de abril, haberá un Escape Room na casa da cultura, a partir das 16.30 horas. Trátase dun xogo de aventura físico e mental no que os xogadores deberán solucionar enigmas para conseguir saír da habitación antes de que remate o tempo.

Caramés e Villares. AXM

CINEMA

O cinema tamén terá o seu oco. O luns 15 proxectarase a película infantil ‘Anastasia‘, ás 19.30 horas. O martes 16 será a quenda do filme xuvenil ‘Mañana empieza todo‘, tamén ás 19.30 horas, e o mércores 17 poderase ver a película ‘El Gran Hotel Budapest‘, ás 20.00 horas, no auditorio da casa da cultura.

CONCILIACIÓN

Como vén sendo habitual durante as vacacións escolares, a delegación de educación programará unha nova edición de Cervo Concilia e dos Enredos de Semana Santa, para favorecer a conciliación das familias nestas datas de lecer.

Desenvolveranse o días 15, 16 e 17 de abril, na casa do mar e no ecomuseo de Cervo. No Caso do programa Cervo Concilia, en horario de 9.00 a 14.30 horas; e nos Enredos de Semana Santa en horario de 12.30 a 14.00 horas, en ámbolos dous casos dirixidos ás crianzas de entre tres e 12 anos.

“VARIEDADE” PARA VECIÑOS E TURISTAS

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de cultura, Dolores García Caramés, presentaron o a programación.

Villares e Caramés destacaron que se trata dunha “axenda completa e variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos, para que a veciñanza e as persoas que nos visiten poidan gozar de actividades de ocio ao longo de todo este período de lecer, e tamén co obxectivo de facilitarles ás familias do municipio diferentes alternativas para conciliar, na medida do posible, a vida familiar e laboral nestes días festivos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...