InicioM.ambiente e PatrimonioXove reivindicará o Honor, o pecio máis antigo de Galicia, cunhas conferencias

Xove reivindicará o Honor, o pecio máis antigo de Galicia, cunhas conferencias

O Concello convida o vindeiro mércores a tres expertos para falar de naufraxios e do patrimonio subacuático do municipio

Publicada o

- Advertisement -

O salón de actos do centro cívico acollerá o vindeiro mércores, 17 de abril, a xornada ‘Naufraxios: patrimonio sumerxido na costa de Xove‘.

O evento, organizado pola delegación de turismo, investigación social e muller do Concello de Xove, pretende resaltar o patrimonio subacuático do municipio.

Xove conta co Honor, o pecio documentado máis antigo de Galicia, descuberto por casualidade no ano 2007 e afundido na costa xovense no ano 1544. Dese xeito, o Concello convidou a profesionais da arqueoloxía náutica e subacuática, da conservación e función pública, a ofreceren relatorios.

TEMÁTICAS

A primeira das charlas versará sobre o Honor, afundido en Lago. David Fernández-Abella, arqueólogo-director da última prospección realizada ao pecio, no 2018, será o encargado de ofrecer o relatorio.

Cartel da xornada. AXM

Tamén sobre o Honor, neste caso sobre a súa conservación, falará Diana Blanco Patiño, experta en restauración de bens. A experta foi a encargada dos traballos nas pezas extraídas do pecio de Xove.

Manuel Díaz Vázquez, arqueólogo do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, pronunciará a conferencia ‘Espolios: os perigos do patrimonio sumerxido‘.

ENTRADA LIBRE E DE BALDE

As conferencias comezarán ás 17.30 horas, con entrada libre e gratuíta para todos aqueles interesados na materia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...