InicioPolíticaVillares en Viveiro: "PP e PSOE son responsables da morte industrial da...

Villares en Viveiro: “PP e PSOE son responsables da morte industrial da Mariña”

O voceiro de En Marea culpabiliza "aos intereses persoais" dos grandes partidos da situación de Alcoa

Publicada o

- Advertisement -

O voceiro de En Marea, Luís Villares, afirmou nun mitin en Viveiro que a formación que encabeza “traballará para que as factorías de Alcoa continúen funcionando e manteñan a totalidade dos seus postos de traballo”, e defenderá “os intereses dos consumidores fronte aos abusos das grandes empresas eléctricas”.

Villares denunciou a “nefasta xestión” de PP e PSOE, que “durante anos priorizaron os intereses persoais en detrimento de toda a cidadanía e permitiron a morte industrial da Mariña Lucense“.

O dirixente de En Marea participou na Cidade do Landro nun acto xunto ás candidatas para o Congreso e o Senado Cristina Pérez Herraiz, Victoria Esteban e Manuel Germade.

No tocante ao tren, Villares sostivo que “A Mariña perdeu unha oportunidade de futuro por non contar cunha aposta dende o Estado durante os anos nos que Rajoy foi presidente. Que o explique agora que volveu para facer campaña. Ademais, estamos vivindo a posibilidade de peche de Alcoa como consecuencia dunha estafa política e dun caso de corrupción institucional promovido polo propio Mariano Rajoy e polo goberno do Partido Popular”, indicou o voceiro de En Marea.

“Dende En Marea propoñemos unha reforma integral do sector eléctrico que permita abaratar os prezos da luz e que supoña a viabilidade das empresas electrointensivas como Alcoa. Pero tamén a fin da estafa mensual que os recibos da luz supoñen para todos os fogares“, argumentou Villares.

“COTAS XUSTAS” PARA A PESCA

Pérez Herraiz, pola súa banda, defendeu o papel estratéxico para a economía galega de portos coma o de Celeiro e reivindicou cotas xustas para a actividade pesqueira, que non utilicen baremos que prexudican a posición galega fronte a outras comunidades.

Asemade reclamou “infraestruturas eficientes que fagan competitiva a descarga dos pesqueiros nos seus portos galegos de orixe”. Pérez prometeu “levar a Madrid a voz do sector do mar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...