O Concello de Trabada anunciou a través das súas redes sociais que Susana Seivane actuará na segunda edición da Enfariñada, o 5 de maio.
A actuación da gaiteira suporá un impulso para a festa gastronómica, que se celebrou por primeira vez o pasado ano e que o goberno local quere converter na exaltación culinaria propia do municipio.
O evento celebrarase integramente o domingo, na quenda de mañá. O concerto de Seivane, ás 16.30 horas, pechará a festa.
ACTIVIDADES
O programa inclúe unha demostración de torno, desde as 12.00 horas, a cargo de Vicente Ledo. Ás 12.30 actuará o cuarteto tradicional Illa Pancha e ás 13.30 horas tomará o relevo Airiños da Freba. Ademais da degustación, haberá mercado de produtos locais e de artesanía.