Foz, Plataforma de Futuro (FPF) presentou este mércores a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará -como en 2015- Luis Alfonso Sixto Legaspi e que presenta como novidade no posto 2 ao barista Víctor Couto Barrientos.
O candidato de FPF destaca que se trata “dunha lista electoral feita para gobernar Foz dende Foz os vindeiros catro anos, con xente preparada e representativa da sociedade: empresarios, estudantes, amas de casa, formadores, profesores, parados, autónomos, xubilados ou empregados do sector naval. Sen tutelas, sen estar dirixidos desde Lugo, Santiago ou Madrid“, subliña.
‘A nosa prioridade: Foz‘ é o lema dunha candidatura formada por sete mulleres e dez homes, “renovada nun 70% con respecto a fai catro anos, con xente que nunca participou en política e outra que estivo xa ocupando postos de responsabilidade en distintas corporacións”.
CANDIDATURA
Tras Sixto e Couto, no número 3 María Peña Rubiños, edil do partido. Pedro Fernández Marful, Verónica Yáñez Vázquez, Ramón Sixto Legaspi, Lesinda Martínez Sixto, Anabela Brito Carreira Semedo, Paula Rico Ramos, Juan Luis González Riveiro, Francisco Fernández Díaz, María Dolores Sampayo González, Ramón Manuel Rodríguez Piñeiroa, José Geada Marrube, Ana Isabel Villarino e Jesús Igualada Moreno completan a listaxe.