Lourenzá celebrou o pasado mércores a Festa do Maio. A carroza da Magdalena partiu do mercado gandeiro para desfilar pola vila acompañada pola música da asociación cultural Osorio Gutiérrez.
O municipio laurentino festexou a chegada da primavera con casas e comercios engalanados con flores. As plantas tamén protagonizaron a vestimenta tradicional da veciñanza e os nenos foron, como é costume, pedindo caramelos.
CONCURSOS
Ao final do percorrido fixéronse entrega dos premios dos certames de decoración de fiestras e dos sombreiros mellor adornados, impulsados polo Concello de Lourenzá, ademais do galardón do concurso de postais do Día da Nai que convocou a Acia.